sábado, 30 de agosto de 2025

A CONQUISTA DE IRLANDA: OS IERNOS

Hoxe vouvos falar dun antigo pobo galaico que xamais existiu, mais que para moitos historiadores (e durante bastante tempo) foi o auténtico responsábel pola colonización da illa de Irlanda: os iernos.

quinta-feira, 21 de agosto de 2025

A ORIXE DOS IRLANDESES NUN (SUPOSTO) MANUSCRITO GALEGO

 


Cando me aburro (cousa que ultimamente acontece con maior frecuencia da desexábel, todo hai que dicilo), dáme  por fozar en vellas historias de Irlanda, case sempre á procura de referencias a Galiza. E nesta que vedes na imaxe de cabeceira aparece unha tan curiosa como suxestiva. Cóntovos.

domingo, 20 de julho de 2025

BRETAÑA, 1924: OS CELTAS COÑECEN GALIZA



En 1904 apareceu nalgúns xornais galegos unha curiosa noticia: un escueto texto dunhas poucas liñas que informaba da inminente celebración dun congreso pancéltico na moi emblemática cidade de Caernarfon, no País de Gales. Tratábase, en efecto, do segundo congreso destas características, que tomaba o testemuño do organizado tres anos antes en Baile Atha Cliath / Dublín (Irlanda) baixo o auspicio da Celtic Association. En torno destes eventos, e ao abrigo do auténtico rexurdimento que as nacionalidades europeas estaban a experimentar nestes anos, comezaba a se artellar unha rede de relacións culturais e políticas, unha sorte de "Celtosfera", como veu a ser denominada nalgúns ámbitos.

sábado, 20 de julho de 2024

A CONQUISTA DAS ILLAS: OS SILUROS


Na súa Estoria de Espanna, o rei Afonso o Sabio (para nosoutros o nono do seu nome) sinala que a denominación primitiva da illa de Britania non era outro que "Siluria". É certo que tal corónimo non gozou de excesiva fortuna histórica (e até pode ser considerado pouco menos que un hapax), mais non é menos verdade que me dá a escusa perfecta para vos falar do pobo que a motivou, os siluros, e dos seus vínculos pseudo-históricos con Galiza en particular e co norte da Península Ibérica en xeral.

segunda-feira, 5 de setembro de 2022

SHAUN DAVEY: MÚSICA PARA PEREGRINOS E PIRATAS

 


 

En 1983 apareceu The Pilgrim, do compositor irlandés Shaun Davey (Béal Feirste/Belfast, 1948), que xa impresionara a crítica coa suite The Brendan's Voyage, inspirada no arquicoñecido relato da navegación marabillosa de San Brandán e os seus discípulos polo Atlántico Norte. Ollade a capa do álbum: velaí estamos nosoutros, con toda a naturalidade, a partillar espazo xeográfico (e simbólico) cos demais países ditos "celtas". Unha gozosa xuntanza familiar que ten por tras unhas cantas historias entrenzadas.

sábado, 19 de fevereiro de 2022

DE MUNSTER Á CORUÑA (II): ALGO SOBRE OS O'SULLIVAN DE BEARE


 

Había ben tempo que queriamos falar do clan O'Sullivan Beare (ou Ó Suíleabháin Bhéara, en bon gaélico) e das súas conexións coa nosa terra, que, como suporedes, van obrigarnos a recuar até aqueles convulsos anos iniciais do século XVII. Nesa viaxe habemos facer varias paraxes, e aínda seremos tan ingratos que puniremos a vosa atención con digresións a esgalla. Desculpádenos, mais é que nós aprendemos a contar historias con Cunqueiro e Fole e, portanto, non coñecemos outro xeito de facelo...

sábado, 24 de julho de 2021

UN APÓSTOLO EN LOCQUIREC

 

Efixie do Apóstolo Santiago na igrexa de Lokireg / Fonte: lokireg.bzh

Locquirec (ou Lokireg, en bretón) é unha vila de fonda tradición mariñeira situada na costa setentrional da Bretaña, nomeadamente no País de Trégor. O nome desta localidade apresenta unha estrutura que resultará transparente para calquer persoa minimamente familiarizada coa toponimia da Bretaña armoricana, e que nos dá moito xeito para introducir a nosa parrafada de hoxe. E é que Lokireg significa, palabra por palabra, 'o lugar [no sentido de 'mosteiro, igrexa, sé, fundación'] de San Guirec', do mesmo xeito que, por exemplo, Locronan (ou Lokorn en bretón) vén sendo 'a igrexa de San Ronan' ou Locqueltas (que é Lokeltaz en bretón) pode ser traducido como 'o mosteiro de San Gildas'. En fin, son todos eles topónimos que nos remeten para a mesma circunstancia: fundacións eclesiásticas impulsionadas e xeridas entre os séculos V e VI da nosa era por misionarios cristiáns (plenamente históricos nuns casos, máis ben semi-lendarios noutros) chegados á Armórica desde a Bretaña insular ou inclusive desde a Irlanda. E San Guirec encaixa de cheo nese perfil.