Segundo o celebérrimo e tantas veces citado (non sempre co rigor e coñecemento que se debería, todo sexa dito) Lebor Gabála Érenn ou Libro das Invasións, as xentes de Mil Spáine, chegadas a Irlanda desde Brigantia, tocaron terra nun lugar moi concreto do suroeste da illa: unha paraxe que na obra se denomina Inber Scéine, é dicir, 'o esteiro ou baía de Scéne', en romance galego de noso. Na propia obra esclarécese a motivación de tal topónimo, recorrendo para iso á tradición bárdica de explicar os nomes de lugar a partir de personaxes epónimos da historia mítica do país. Neste caso trataríase de Scéne, a muller do bardo Amergin dos Brancos Xeonllos (que non precisa de presentacións, tendo en conta a trascendencia simbólica de que gozou na cultura do noso país). Scéne, como tantos outros expedicionarios milesianos, afogou no mar xunto co seu fillo, Érannán. O desolado Amergin xurou entón que, en lembranza deles, a baía á que aportasen había levar para sempre o nome da súa desventurada esposa. E así o fixo. De feito, o folclore local do condado de Ciarraí (Kerry) identifica os fermosos megálitos de Íochtar Chua (Eightercua), que podedes ver na imaxe, como sendo o lugar onde Scéne e mais o seu fillo foron soterrados unha vez os milesianos conseguiron pór pé, dunha vez e xa para sempre, naquela esquiva Irlanda.
Galiza e a Europa Atlántica: #historia, #folclore, #música, #lingua... Materiais para un imaxinario común.
Mostrar mensagens com a etiqueta Paulo Orosio. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Paulo Orosio. Mostrar todas as mensagens
sábado, 13 de setembro de 2025
Subscrever:
Mensagens (Atom)
-
U n santo, unha barca de pedra, un carro de bois, un sepulcro no medio do monte, un santuario que atrae milleiros de romeiros... Con estas p...
-
Ilustración d' A Torre dos Mouros (Manel Cráneo, 2011) S e nestas inminentes ferias de Nadal vos dá por viaxar a Portugal e vos cadra ...
-
F ozando aí atrás nas imaxes gardadas no meu vello e obsoleto móbil, deparei coa que encabeza este artigo: un excerto dun artigo da impren...
