segunda-feira, 5 de setembro de 2022

SHAUN DAVEY: MÚSICA PARA PEREGRINOS E PIRATAS

 


 

En 1983 apareceu The Pilgrim, do compositor irlandés Shaun Davey (Béal Feirste/Belfast, 1948), que xa impresionara a crítica coa suite The Brendan's Voyage, inspirada no arquicoñecido relato da navegación marabillosa de San Brandán e os seus discípulos polo Atlántico Norte. Ollade a capa do álbum: velaí estamos nosoutros, con toda a naturalidade, a partillar espazo xeográfico (e simbólico) cos demais países ditos "celtas". Unha gozosa xuntanza familiar que ten por tras unhas cantas historias entrenzadas.