Mostrar mensagens com a etiqueta San Patricio. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta San Patricio. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 15 de outubro de 2026

SAN PATRICIO EN BAIONA

 


En 5 de decembro de 1921 saía do prelo un especial monográfico da revista Nós sobre Irlanda, "a adourada irmanciña" dos nosos poetas. Como podedes ver na imaxe, o número estaba especialmente dedicado á memoria dun dos mártires por antonomasia da independencia irlandesa: Terence Mac Swiney, o alcalde de Corcaigh / Cork que entregou a súa vida nunha greve de fame en 1920. Por ironías da vida, o número en cuestión vía a luz xustamente na véspera da sinatura do Tratado Anglo-Irlandés, que puña fin de maneira oficial á Guerra da Independencia (ou, por sermos máis rigorosos, á Tan War) e, entre outras cousas, colocaba unha alfombra vermella á división da illa en dúas entidades políticas diferentes. Mais da Partición (the root of all evil, como retoricamente se referirían a ela os republicanos irlandeses nas décadas seguintes) e das virulentas reaccións que suscitou entre algúns galeguistas da época xa teremos ocasión de falar máis adiante. Hoxe a nosa intención é outra.

sexta-feira, 14 de novembro de 2025

EXCURSIÓN Á ILLA DE MAN


 

Resulta difícil non sentir atracción por un lugar tan peculiar como a Illa de Man (Ellan Vannin, na revivida lingua local, o manx). Situada no medio do Mar de Irlanda, cun estatuto xurídico que a sitúa ao mesmo tempo dentro e fóra do Reino Unido, cun idioma  propio de vibrante raigame gaélica agochada tras unha ortografía anglo-galesa, cunha herdanza cultural e política que a conecta en primeirísima man co tempo das invasións nórdicas, cuns grupos de música tradicional que encontraron inesperadas afinidades co folk galego... En fin, moito se podería contar da Illa de Man, mais hoxe imos conformarnos cun par de historias que teñen como protagonistas a unha vella e ao mesmísimo San Patricio, e que, contra todo prognóstico (ou se cadra non), encontran ledos e doados paralelismos no folclore da nosa terra. E aproveito para vos recomendar que, se queredes coñecer máis sobre as historias tradicionais desta excéntrica illa, non deixedes de lle botar unha ollada a Contos da Illa de Man, de Sophia Morrison, recentemente traducida para galego por Milagros Torrado Cespón, perfecta coñecedora daquelas terras.

quinta-feira, 23 de outubro de 2025

SANTOS, SERPES E BARCAS DE PEDRA: MISIONARIOS IRLANDESES EN GALIZA?

                                     

1. O CURRACH DA MISARELA

Na súa visita ao eremitorio da Misarela, no actual concello da Pobra do Caramiñal, o Padre Sarmiento (1695-1772) describiu deste xeito tan expresivo aquel lugar afundido entre os barrancos da Serra da Barbanza: 

San Juan de la Misarela es uno de los sitios más lóbregos, solos, escarpados y estrechos que se puede imaginar para ermitaños. Ha sido monasterio de benedictinos. Después se dio a franciscanos, pero no pudiendo subsistir allí, se fueron a fundar a la Puebla del Deán.

domingo, 31 de agosto de 2025

DE FISTERRA A IRLANDA: A VIAXE AO OUTRO MUNDO DE GYÖRGY GRISSAPHAN

 


György Grissaphan era un cabaleiro húngaro, daqueles de rancio avoengo e preclara estirpe, que aló polo século XIV servía o seu rei loitando en terras de Apulia, no reino de Nápoles. A ferocidade e crueldade de Grissaphan eran incontestábeis. En Italia cometeu "innúmeros danos e depredacións", asasinando vilmente milleiros de persoas e converténdose nun precursor do que hoxe chamariamos, sen dúbida, crimes de guerra.