Publicada en 1928 e formada por tres partes ("Os señores da terra", "O estudante" e "A maorazga"), Os camiños da vida constitúe talvez unha das novelas máis ambiciosas dese macrotexto que é a obra de Ramón Otero Pedrayo (1888-1976). Nas súas páxinas, moldeadas nunha prosa densa e arbórea nen sempre apta para todos os públicos, vannos saíndo ao paso personaxes, temas e situacións através dos cales accedemos, coma un visitante que se arrisca nun cuarto en penumbra, ás contorsións daquel século XIX galego convulso e crepuscular. Estamos perante o tema oteriano por excelencia, de certeza. A decadencia das vellas castes fidalgas (os Doncos e os Puga, neste caso), nun cenario de mudanzas ideolóxicas e sociais tan lentas como traumáticas, nuclea unha trama coral na cal o autor ourensano non perde a oportunidade de incrustar tamén o progresivo espertar do galeguismo decimonónico. Un proto-galeguismo idealista, desencantado e entusiasta á vez, terribelmente romántico en calquer caso, que gaña corpo na figura dun personaxe en concreto: Adrián Soutelo. E é que este vello fidalgo condensa no seu périplo vital algunhas das ideias forza do discurso nacionalista do cal Otero Pedrayo foi partícipe e, en boa medida, co-criador. Entre elas, evidentemente, non podía faltar o celtismo, e máis en concreto o carácter referencial que a Irlanda e a súa loita pola independencia tiveron no imaxinario galeguista da altura.
Galiza e a Europa Atlántica: #historia, #folclore, #música, #lingua... Materiais para un imaxinario común.
domingo, 3 de janeiro de 2021
Subscrever:
Mensagens (Atom)
-
N a súa Estoria de Espanna , o rei Afonso o Sabio (para nosoutros o nono do seu nome) sinala que a denominación primitiva da illa de Britani...
-
Lava, lavandeira, lava, lavandeiriña do alén, se ti hoxe non me lavas non me lavará ninguén ... (Xosé Filgueira Valverde) P oñédevos na n...
-
O carrizo ou rei charlo (Fonte: BirdId) V ilanova de Lourenzá (ou simplesmente Vilanova, como a coñecen os autóctones) é unha localidade d...